20/6/18

A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín onde puidemos coñecer a vida diaria dos nosos antepasados no rural galego. 

Unha das partes que máis nos chamou a atención foi a cociña tradicional, exenta das comodidades e da tecnoloxía de hoxe. Os nenos dificilmente imaxinaban a tarefa de preparar as comidas nela.




Despois de comer, custa facerse á idea de lavar a louza como antano, ou de como transportaban os alimentos...



Tamén coñecemos a rústica cociña dos antigos castrexos:


O proceso de elaboración do queixo xa é ben coñecido polos nosos alumnos, e aquí coñecemos ademáis algunhas das variedades máis típicas da nosa comunidade.


O proceso tradicional de elaboración do pan era certamente máis laborioso daquela que hoxe, pero tamén o produto final non ten comparación. Os nosos alumnos amosaron a súa maña para elaborar o mellor pan artesán:








O noso percorrido "gastronómico" pola Casa do Patrón rematou descubrindo os antigos usos agrícolas para facilitar a colleita e obter os produtos do noso campo:




Foi realmente un fantástico broche final ao noso Plan Proxecta e a este curso 2017/18, ata pronto!


Se queredes ver como despedimos o curso na Casa do Patrón, premede aquí.



A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...