17/1/18

O SENTIDO DO GUSTO: RECOÑECEMOS OS DIFERENTES SABORES

O mércores 17 de xaneiro fixemos unha divertida actividade para descubrir os "segredos" da nosa lingua a través dos diferentes sabores. Primeiro aprendemos que son as papilas gustativas e cales son as zonas da lingua nas que percibimos os diversos gustos:


E a continuación preparamos unha variada mesa de cata cunha selección de produtos dos máis diversos sabores, cos que probaremos as nosas cualidades como catadores.


A nosa cata será, por suposto, a cegas. Os ollos poden enganar, a lingua non adoita mentir...


Probando as misteriosas alcaparras...


A profe axuda un pouquiño...


Isto parece que non lle gustou moito...


Para rematar, fixemos un traballo en grupo para clasificar os diversos alimentos que coñecemos segundo o sabor co que os percibimos:





Se queredes ver a galería completa desta entretida actividade, premede aquí


12/1/18

A ETIQUETAXE NUTRICIONAL

O venres 12 de xaneiro aprendemos na aula de primaria unha importante lección sobre a etiquetaxe dos alimentos, unha das aprendizaxes máis relevantes na nosa formación como consumidores se queremos desenvolvernos de maneira sa e equilibrada neste mundo cheo de alimentos procesados.

Unha vez que xa sabemos cales son os nutrientes máis importantes que necesitamos e cales son os menos beneficiosos, agora chega o momento de identificalos na etiquetaxe dos alimentos que atopamos nas nosas tendas. Coa axuda de Tix e Loy ímonos facer uns expertos consumidores:



Os produtos de Eroski engaden nos seus envoltorios un semáforo nutricional á información habitual, resultando máis sinxelo para os nenos facerse unha idea axeitada das súas propiedades.





Na actividade empregamos unha boa variedade de produtos, de Eroski e outras marcas, cos que nos puidemos familiarizar con diferentes etiquetaxes e maneiras de presentar a información.




Finalmente realizamos unha comparativa de etiquetaxes onde amosamos todo o que aprendemos nesta entretida e instrutiva actividade.





A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...