12/1/18

A ETIQUETAXE NUTRICIONAL

O venres 12 de xaneiro aprendemos na aula de primaria unha importante lección sobre a etiquetaxe dos alimentos, unha das aprendizaxes máis relevantes na nosa formación como consumidores se queremos desenvolvernos de maneira sa e equilibrada neste mundo cheo de alimentos procesados.

Unha vez que xa sabemos cales son os nutrientes máis importantes que necesitamos e cales son os menos beneficiosos, agora chega o momento de identificalos na etiquetaxe dos alimentos que atopamos nas nosas tendas. Coa axuda de Tix e Loy ímonos facer uns expertos consumidores:



Os produtos de Eroski engaden nos seus envoltorios un semáforo nutricional á información habitual, resultando máis sinxelo para os nenos facerse unha idea axeitada das súas propiedades.





Na actividade empregamos unha boa variedade de produtos, de Eroski e outras marcas, cos que nos puidemos familiarizar con diferentes etiquetaxes e maneiras de presentar a información.




Finalmente realizamos unha comparativa de etiquetaxes onde amosamos todo o que aprendemos nesta entretida e instrutiva actividade.





A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...