7/2/18

COIDANDO A MIÑA BOCA

O mércores 7 de febreiro recibimos no noso colexio unha amena e instrutiva charla sobre saúde bucodental, dentro do programa "Coidando a miña boca" da Xunta de Galicia. Nela, coa axuda dos divertidos Bolechas, aprendemos moitas recomendacións e bos hábitos para manter a nosa boca sa e tamén bonita.





Un aspecto importante da charla estivo referido á importancia da alimentación no mantemento dunha boa saúde bucodental. Aquí aprendemos que o azucre e as larpeiradas pegañosas con ela son os principais inimigos dos nosos dentes, polo que debemos consumilos con moderación xa non só para ter unha alimentación saudable, senón tamén para manter a nosa boca sa.



Finalmente fixemos un pequeno obradoiro para depurar aínda máis as nosas mañas cepillando os dentes, e así mantelos sempre limpos, relucentes e sans.






Se queredes ver a galería completa desta instrutiva charla, premede aquí


A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...