20/2/18

O NOSO MEL

O martes 20 de febreiro recibimos a visita de David, experto abelleiro local e pai dunha das nosas alumnas, para impartir unha interesantísima charla sobre o fascinante arte da apicultura. A nosa comarca é unha zona meleira, e moitos dos nosos veciños teñen pequenos panais onde producen unha mel gustosa e de calidade.

Ao longo da mañá nenos e mestres aprendemos un montón de cousas, e sempre é mellor comezar ben protexido...


Descubrimos a máxica relación entre o pole e as abellas...


Coñecemos e examinamos a "casa" onde viven e "traballan".



Vemos diferentes tipos de mel e outros produtos, como a xelea real e o própole, que se poden obter nas colmeas. Tamén coñecemos as súas beneficiosas propiedades.



Examinamos unha mostra de penso apícola para manter ás nosas abellas fortes e sas.


Aprendemos moitas cousas sobre a vida e a fisionomía das abellas, pero tamén da súa principal ameaza hoxe en día nos nosos campos: a vespa velutina, especie invasora procedente de Asia.



Descubrimos como podemos protexer ás nosas abellas, construíndo sinxelas pero eficaces trampas para atrapar ás agresivas avespas asiáticas.



Para finalizar esta xenial charla, nada mellor que unha degustación dalgunhas saborosas receitas que podemos elaborar co noso mel, delicioso!


Se queredes ver como nos convertemos en expertos sobre mel e apicultura, premede aquí.


A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...