6/4/18

VISITA A "O REXO"

O venres 6 de abril visitamos as instalacións de "O Rexo", sitas nunha preciosa paraxe moi preto de Allariz. "O Rexo" e un Ecoespazo multidisciplinar no que ocio, formación e cultura van da man. Neste lugar podemos coñecer a elaboración do queixo de ovella contemplando todo o proceso, desde o animal ao produto final, e podemos aprender sobre a natureza e as labores gandeiras, no Centro de Educación e na granxa-escola. E sobre todo podemos contemplar un lugar único e sostible, que incluso conta coa súa propia central hidroeléctrica, perfectamente integrado na magnífica obra escultórica e pictórica "Pedras e Árbores" do artista Agustín Ibarrola.


Comezamos a nosa viaxe polo mundo do queixo visitando as instalacións de muxido. Aquí nos explican el ordenado proceso para obter o leite das ovellas e o tanque onde a gardamos fresquiña...



Deseguido imos visitar as verdadeiras protagonistas do queixo, neste caso ás crías de ovella que crecen ben coidadas e alimentadas a resgardo da choiva de hoxe. Alí aprendemos como é o desenvolvemento das pequenas ovellas e que atencións necesitan. Parece que fixeron novos amigos...





A continuación coñecemos a elaboración do saboroso queixo: a máquina que nos axuda a bater o leite, os produtos necesarios, como o prensamos e lle damos forma e o proceso de maduración.







Finalmente, e xa con fame, chegou a hora de probar o produto final ben madurado e coidadosamente cortado (o segredo deste queixo). Todos os nenos cataron e á maioría gustoulles, todo un éxito!






Unha saída fantástica na que aprendemos a elaborar queixo artesán e probamos novos sabores ademáis de coñecer boa xente e paisaxes inesquecibles.


Se queredes ver a galería completa da nosa visita a "O Rexo", premede aquí



A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...