27/4/18

SEGUNDA QUINCENA DA FROITA NA ESCOLA

Do luns 16 ao venres 27 de abril gozamos no CEIP Valle-Inclán da segunda quincena da "Froita na Escola" con saborosas novidades. Nas xa saudables merendas dos nosos alumnos tentamos introducir novos sabores e texturas que case sempre supoñen agradables sorpresas.



Na primeira semana a protagonista foi a piña, pero non a piña de lata que case todos coñecemos, senón unha auténtica piña natural no seu perfecto punto de maduración, que resultou un auténtico éxito.




Os amorodos non foron novidade porque os nosos alumnos son os "fans" número 1 desta saborosa froita.




O mango foi a novidade máis exótica da quincena, e todos lle intentaron atopar semellanzas con outras froitas... E ao final decidiron que o mango sabe a mango. Moi bo por certo.




E para rematar as novidades da quincena, adiantamos a tempada da sandía e do melón cuns riquísimos froitos no seu punto.







Para despedir esta fantástica experiencia da "Froita na Escola", gastamos un poquiño da enerxía saudable que temos acumulada xogando unha partida ao "Picnic Enredado", unha divertida variante do "Twister" na que temos que coñecer moi ben os diferentes tipos de alimentos.




E como relaxante broche final, os alumnos de primaria compartiron cos seus compañeiros de infantil uns preciosos poemas do noso paisano Xoán Carlos Domínguez Alberte, que no seu último libro "Versos para conversar" dedica unhas belas liñas aos froitos da nosa terra.







Se queredes ver a galería da nosa segunda quincena da froita, premede aquí.



A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...